Novo Obradoiro de Cosmética Natural
Este mes de outubro empezamos un novo obradoiro, dentro da programación de Ourense Xove. Nesta edición profundizaremos na cosmética natural.O obradoiro terá lugar todos os luns dende o 17 de Outubro ao 12 de Decembro en horario de 18:30-20:30 na Rúa Xoan de Nóvoa (na plaziña que está enriba do Gadis). Ver mapa
Está dirixido a moz@s de 15 a 35 anos.
Unha iniciación ao mundo da cosmética natural: aprenderemos a facer diferentes tipos de cremas con diversas texturas, limpiadores faciais, exfoliantes, mascarillas, cremas corporais...; tamén aprendermos a empregar os diferentes tipos de ingredintes naturais para un coidado persoalizado segundo o tipo de pel. Ademáis dalgunha outra sorpresiña.
Para apuntarse solo vos tendes que dirixir á Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ourense (praza de San Martiño, nº2). A admisión será por orde de entrega das solicitudes.
Podes descargar a solicitude de inscrición eiquí.
Para visualizar o programa de actividades de Ourense Xove preme eiquí. (as datas e o lugar de realización no documento adxunto non son correctas)
Se queres máis información non dubides en pedírnola a achegatexabons@gmail.com.
